domingo, 29 de abril de 2018

Chegada da primavera!!

Seguimos completando o noso mural das estacións nas fiestras da nosa aula, decoramos a árbore da primavera con moitas flores... xa temos ganiñas de que chegue o bo tempo!!




Táboa do 100

Comezamos a traballar cos números ata o 100. Para iso incorporamos ao recuncho de xogos de mesa un novo xogo composto por unha táboa cos números ata o 100, uns dados e unhas fichas.
O xogo é moi parecido ao xogo da oca, xa que os nen@s teñen que tirar o dado e ir movendo a ficha pola táboa, anotando na folla que número lles tocou no dado, movendo a ficha tantas posicións como o indica o dado e despois ler e anotar ao número que chegaron.
Con este xogo os rapaces adquiren nocións referidas a conteo, identificación numérica, grafía dos números, e iniciación a suma.



2 De abril: Día mundial sobre a concienciación do autismo.

A semana do 2 de abril, aproveitamos para traballar no obradoiro de literatura, o conto do Cazo de Lorenzo.
Todos descubrimos as cualidades que tiña Lorenzo e as súas dificultades na vida dende o día que lle caiu o cazo na cabeza...
Coa escoita do conto e o posterior visionado da curtametraxe entendemos perfectamente que non todos somos iguais, que temos que respetar as nosas diferenzas, e sobre todo, aprendemos a facer un esforzo por entendernos.

Aquí vos deixo os enlaces ao conto e a curtametraxe para que llo poñades aos peques na casa e a posterior actividade que fixemos para commemorar este día.





ANIVERSARIO DE DANIELA!

Aquí podedes ver o ben que o pasamos o día do aniversario de Daniela Dios, encántanos a festa!!


Compartiu con nós uns biscoitos moi ricos e cantámoslle o cumpleanos feliz... 


Movemos o esqueleto na pista de baile... 


E por último dixémoslle todo o bonita que é!! 

miércoles, 11 de abril de 2018

SAÍDA APÍPOLIS!

A semana pasada fixemos a tan esperada saída a granxa das abellas: APÍPOLIS.
Estábamos moi emocionados, tanto que a viaxe en atobús se nos fixo moi curta! 
Cando chegamos alí, os monitores dividíronnos en 4 grupos e comezamos a traballar e investigar nos obradoiros que nos tiñan preparados:

 Contáronnos un conto sobre o mundo das abellas e os apicultores.


 


 Leváronnos a unha exposición onde nos explicaron como traballaban as abellas, onde vivían, observamos ás abellas raíñas e as obreiras.




Co mel elaboramos unha receita de galletas que despois cociñamos e poidemos tamén degustar. 


   

Tamén fixemos velas coa cera que aproveitamos do traballo das abellas. 

   

E por último, e o máis emocionante, puxémonos o traxe de apicultores e experimentamos o contacto directo coas abellas!! Tiñamos que estar moi quietiños para que as abellas non se asustasen e fixémolo de marabilla!! 


 

lunes, 9 de abril de 2018

Correo de aula

Aquí vos amosamos unha das actividades que realizamos no recuncho da lectoescritura: O CORREO.
A través desta actividade traballamos, sobre todo, a escritura espontánea, coa que podemos escribir de acordo ao noso nivel madurativo; as partes dunha carta, saúdo, texto e despedida; a motivación, espertando o interese polos textos escritos de forma significativa;  a empatía, entendendo que a todos nos gusta recibir carta e sendo consciente da importancia de que todos teñamos correo que recibir.
Durante a semana, xa sexa de forma libre ou dirixida por equipos, os rapaces acuden ao recuncho da lectoescritura e escriben cartas coa finalidade de mandarlle unha mensaxe a algúns dos seus compañeiros, para así o venres, poder recoller o correo e entre todos lemos as cartas que recibimos e agradecemos aos emisores adicarnos esas palabras de agarimo que comparten con nós. 
Mirade que cara de contentos levamos os venres para casa!!! 

lunes, 19 de marzo de 2018

Un día normal...

Aquí vos amosamos un día normal na nosa aula. Pasamos polos recunchos por equipos e en cada un facemos unha actividade distinta, non nos da tempo a aburrirnos!
Comezamos polas rutinas diarias, neste caso aproveitamos que hoxe é día 19 de marzo para explorar as posibilidades que temos de compoñer o número 19, cos bloques multibase, con linguodepresores, coas piruletas de mans e coas nosas propias mans. 


Repartimos aos equipos por recunchos:

No recuncho de xogos de mesa traballamos a estruturación espacial co xogo do kubix, temos que compoñer as figuras que aparecen nas plantillas cunhas determinadas pezas. 


No recuncho das letras aproveitamos para escribir cartas a os nosos amiguetes! 


No recuncho das construcións xogamos co mecano XL e traballamos a motricidade fina cando encaixamos as torcas e parafusos ademais de deixar voar a nosa imaxinación! 


No recuncho do artista experimentamos cun material novo! O Funny Gummy! Un tipo de material moldeable parecido a plastelina que seca ao aire. 


Ademais como actividade individual presentamos o xogo do tantrix, un puzzle co que temos que argallar a maneira de realizar circuitos pechados segundo o color que indiquen as pezas. Todo un reto!

Como vedes, a nosa vida na aula é moi dinámica!